Secretaría

Benvid@s á Secretaría do IES Calvo Sotelo:

Este é un espazo con información relativa á normativa académica que afecta ao noso alumnado e na que tamén se poden consultar e/ou descargar diferentes modelos de impresos necesarios para a tramitación administrativa.

 

Aos diferentes apartados accédese pulsando nas pestanas que aparecen enriba.

 

Para calquer dúbida podénse realizar consultas persoalmente dentro do horario de atención ao público, por teléfono ou mediante correo electrónico.

Novas

Convocatoria 2019 do Plan de Acreditación de Experiencia Profesional

Xoves, 10 de xaneiro de 2019
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de convocar o proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2019.    

Tramitación de títulos do alumnado que rematou un ciclo de FP en decembro 2018

Martes, 8 de xaneiro de 2019
O alumnado  que rematou no mes de decembro de 2018 algún dos ciclos de formación profesional de grao medio ou superior impartidos neste centro poden proceder á tramitación do seu título na Secretaría do [...]

Composición do novo Consello Escolar do IES Calvo Sotelo 2018-2019

Xoves, 20 de decembro de 2018
O venres 21 de decembro de 2018 celebrarase a reunión de constitución do novo Consello Escolar do IES Calvo Sotelo que está composto polas seguintes persoas:

Proclamación de candidat@s elect@s nas eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar

mércores, 19 de decembro de 2018
A Xunta Electoral do IES Calvo Sotelo  acordou  a proclamación e publicación d@s  candidat@s elect@s  nos distintos sectores para a renovación parcial do Consello Escolar 2018-2019:  

Candidaturas do alumnado ao Consello Escolar. Curso 2018-2019

Martes, 27 de novembro de 2018
Participa nas Eleccións ao Consello Escolar do IES Calvo Sotelo e VOTA as tres candidatas ou candidatos que queres que te representen no Consello Escolar!