Certame de teatro

O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña na súa XXI edición estará organizado polo IES Calvo Sotelo, centro dependente da propia Deputación da Coruña. Trátase dun certame do eido provincial aínda que está permitida a presentación de grupos, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. Así mesmo, e previo estudo de viabilidade, poderán presentarse grupos e compañías de fóra de Galiza. As obras presentadas poderán pertencer a calquera xénero teatral.

As categorías para participar serán as  seguintes: benxamín (educación infantil  e 1º - 2º de primaria), infantil (3º, 4º, 5º e 6º de primaria), cadete (alumnos e alumnas da ESO), xuvenil (de 16 a 25 anos inclusive) e senior (grupos e compañías de teatro afeccionado).

O prazo de inscrición rematará o luns 5 de marzo de 2018 (inclusive), e unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. O período de representacións das obras teatrais programarase nos meses de abril, maio e ata o 13 de xuño nos días habilitados no formulario de inscrición.

Os/as interesados/as poderán acceder a toda a información e documentación relativa ó certame na sección de bases e inscrición.

Para a resolución de calquera dúbida poñemos a vosa disposición os seguintes teléfonos: 981 252 600 / 650 783 527 e enderezo electrónico: residencia.calvosotelo@dacoruna.gal

O horario de atención telefónico será os días lectivos (IES Calvo Sotelo) de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.

 

Novas

Programa do XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Publicado o programa do XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

Aberto o prazo de inscrición no XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Aberta a inscrición no XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o 5 de marzo de 2018.