Certame de teatro

Aberto o prazo de inscrición no XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

cartel teatro.jpg

Aberta a inscrición no XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o 5 de marzo de 2018.

Xa está aberta a inscrición no XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o luns 5 de marzo de 2018 (inclusive), e unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. O período de representacións das obras teatrais programarase nos meses de abril, maio e ata o 13 de xuño nos días habilitados no formulario de inscrición.

Toda a información relativa ó certame está a disposición dos/as interesados/as na sección de bases e inscrición nesta web.