Información xeral

Campaña solidaria de recollida de alimentos no IES Calvo Sotelo

cartel_ a5 galego.jpg

IES Calvo Sotelo adhírese á campaña solidaria de recollida de alimentos nos centros educativos promovida polo Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña.

 

Desde hoxe e ata o 18 de decembro de 2020 todo o alumnado e persoal do centro poderá colaborar neste labor tan necesario, e máis aínda nestes momentos tan complicados. Habilítase unha zona sinalizada no hall do IES para deixar todo tipo de alimentos non perecedoiros como conservas de peixe, de vexetais, leite, cacao, galletas, aceite, legumes, etc.

¡Moitas persoas necesitan da nosa axuda, colabora, a túa solidariedade suma!