Secretaría

Convocadas as axudas económicas para o alumnado das FCT

fct.jpg
16 de maio de 2018

A Consellería de educación convoca axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo en réxime de concorrencia non competitiva

 

Que alumnado poderá concorrer a estas axudas? O alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos.

Este alumnado ademais  deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2018.

Prazo e lugar de presentación de solicitudes?

O primeiro prazo: trinta e un (31) días naturais  para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro de 2017 a marzo 2018 e nos períodos xaneiro a xuño, xaneiro a marzo e abril a xuño de 2018. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2018.

Nota: O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro a decembro de 2018 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, facilitarállelos ao alumnado o centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Para máis información podedes consultar neste enlace convocatoria axudas FCT