Secretaría

Publícanse as listaxes definitivas de solicitudes para as probas libres FP e ábrese o prazo para matricularse

images.jpg
15 de maio de 2018

Hoxe ven de publicarse a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE), así como a listaxe de persoas admitidas nestas probas na 1ª adxudicación ordinaria.

As persoas interesadas podedes consultar estas listaxes nos seguintes enlaces:

Listaxe definitiva de solicitantes. Listaxe definitiva

 

 1ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas. Listaxe 1ª adxudicación ordinaria  

 

O Prazo para DE matriculación

As persoas admitidas para a realización das probas libres tendes de prazo para matricularvos desde o 15 ao 21 de MAIO ata ás 13.00 horas. Lembrade que podedes elixir matricularvos en calquera dos módulos do ciclo formativo adxudicado.

Impreso a cubrir para entregar na Secretaría do centro de ensino admitida a persoa solicitante:  impreso de matrícula

OLLO! Aquelas persoas matriculadas que non asistan inxustificadamente á xornada de acollemento ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional causarán baixa de oficio, o que implica a perda de toda a matrícula na proba, e NON poderán presentar solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte.

Prazas vacantes de probas libres.

As persoas interesadas, que cumpran os requisitos de acceso indicados na Orde do 5 de abril de 2013, poderán matricularse en calquera dos módulos dos ciclos con prazas vacantes.

O período de matrícula  do curso 2017/2018 nas prazas vacantes será  do 23 ao 31 de maio de 2018 ás 13:00 horas. A matrícula realizarase por estrita orde de chegada.

Pódese consultar a dispoñibilidade de prazas vacantes durante o período de matrícula no seguinte enlace