Secretaría

Convocatoria de Becas para titulad@s en Formación Profesional de Leroy Merlín

anuncio programa becas 2018.jpg
13 de abril de 2018

Leroy Merlín Santiago convoca un Programa de 9 BECAS  remuneradas na súa tenda de Santiago de Compostela para tituladas/titulados en Formación Profesional que finalicen este curso 2017-2018 ou xa remataran, un ciclos superior de Electricidade, Madeira, Soldadura, Comercio e Marketing, Xardinería, e /ou calquera outro ciclo relacionado coa actividade comercial de Leroy.

Prazo para presentar currículo: domingo, 20 de maio de 2018

As persoas interesadas nestas becas podedes deixar o voso currículo na páxina  http://www.leroymerlin.es/, no apartado de emprego, dando o voso CV de alta e incorporándoo na oferta de: Programa de Prácticas e Becas 2018 antes do 20 de maio de 2018.  Tamén podes entregar o currículo persoalmente ao voso titor.

Durante o mes de maio e xuño realizarase a selección de candidat@s mediante dinámicas de grupo e entrevistas persoais.

O período de becas vai desde o 15 de xuño ata o 14 de outubro de 2018. Unha vez rematado o perído de becas dos mellores becari@s serán premiad@s cun contrato labora na tenda de Leroy Merlín.

Se tendes algunha dúbida podedes contactar con Ana Castro o Jorge Gordo (Recursos humanos) no tfo. 981 527 527