Secretaría

Publicadas as listaxes provisionais de inscrición e exencións para as probas de acceso a Ciclo Formativo Grao Medio

listaxes provisionais 2018.png
16 de abril de 2018

Hoxe, luns 16 de abril de 2018, foron publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Podedes consultar as listas no seguinte ENLACE   ( mirar páxina 49 a 51 se presentástedes solicitude no IES Calvo Sotelo).  Se precisades consultar calquera outra cuestión sobre a convocatoria 2018 das probas de acceso a Ciclos formativos de Grao Medio, podedes facelo  na páxina de FP de la Xunta ou no apartado da Secretaría da páxina do IES Calvo Sotelo.

O Período de reclamación é do martes 17 ao 20 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde presentástedes a solicitude de inscrición.