FPB fabricación e montaxe

Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: Básico
Horas: 2000
Código: BFME01

 

Que se aprende a facer?

Realizar operacións básicas de mecanizado e montaxe para a fabricación mecánica con materiais férricos, non férricos e tecnoplásticos, así como para a instalación e o mantemento de elementos de redes de fontanaría, calefacción e climatización, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes,
e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
€

En que ámbitos se traballa?

Actividade por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.
€

Que ocupacións desempeñan?

Peón de industrias manufactureiras; auxiliar de procesos automatizados; fontaneiro/a; montador/ora de equipamentos de calefacción; mantedor/ora de equipamentos de calefacción; montador/ora de equipamentos de climatización; mantedor/ora de equipamentos de climatización; instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga.
 

Que título se obtén?

Título profesional básico en Fabricación e montaxe.
€

A que outros estudos se pode acceder?

Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:
  • Edificación e obra civil
  • Electricidade e electrónica
  • Enerxía e auga
  • Fabricación mecánica
  • Industrias extractivas
  • Informática e comunicacións
  • Instalación e mantemento
  • Madeira, moble e cortiza
  • Marítimo-pesqueira
  • Química
  • Transporte e mantemento de vehículos

 

Currículo oficial

www.edu.xunta.es/fp/ciclo/BFME01

Horarios

    Actividades

    Xornada técnica de mecanizado por parte do grupo Hoffmann

    Taller de mecanizado
    O grupo internacional Hoffmann fai unha demostración das súas ferramentas ó noso alumnado e ós representantes das empresas do metal da provincia da Coruña.

    Visita técnica a Santiago

    Os alumnos de Mecanizado e Mecatrónica visitaron duas empresas na comarca de Santiago