FPB carpintaría e moble

Familia: Madeira, moble e cortiza
Sistema educativo: LOE
Grao: Básico
Horas: 2000
Código: BMAM01

 

Que se aprende a facer?

Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
€

En que ámbitos se traballa?

En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, dedicadas á fabricación e á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de acabamento e tapizado de mobles en xeral.
€

Que ocupacións desempeñan?

Montador/ora de produtos de ebanistaría en xeral; montador/ora de mobles de madeira ou similares; montador/ora produtos de madeira excepto ebanistaría; montador/ora de envases e embalaxes de madeira e similares; acabador/ora de mobles de madeira; acoitelador/ora e vernizador/ora de parqué; vernizador/ora e lacador/ora de artesanía de madeira; vernizador/ora e lacador/ora de mobles de madeira; operador/ora de tren de acabamento de mobles; embalador/ora, empaquetador/ora e etiquetador/ora á man; peón da industria da
madeira e da cortiza; tapiceiro/a de mobles.
 

Que título se obtén?

Título profesional básico en Carpintaría e moble.
€

A que outros estudos se pode acceder?

Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:
  • Edificación e obra civil
  • Electricidade e electrónica
  • Fabricación mecánica
  • Informática e comunicacións
  • Instalación e mantemento
  • Madeira, moble e cortiza
  • Marítimo-pesqueira
  • Transporte e mantemento de vehículos

 

Currículo oficial

www.edu.xunta.es/fp/ciclo/BMAM01

Horarios

    Actividades

    DTO DE MADERA.-JORNADAS SOBRE MAQUINARIA PORTATIL DEWALT

    IES CALVO SOTELO
    13/11/2017
    Novedades de maquinaria portatil DeWalt 2017

    DEPARTAMENTO DE MADERA.- EXPOSICIÓN VIRTUAL ARTS&KRAFTS.

    IES CALVO SOTELO
    20 DE JUNIO 2017
    Exposición virtual  de los trabajos realizados por los alumnos de 1º curso del ciclo formativo de INSTALACIÓN E MOBLAXE. ABIERTA AL PÚBLICO HASTA  EL 30 DE SEPTIEMBRE DEL 2017