Grao medio en instalacións eléctricas e automáticas

Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MELE01

 

Que se aprende a facer?

Montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio.
€

Onde se realiza o traballo?

En pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea.
€

En que postos de traballo?

Instalador/ora mantedor/ora electricista. Electricista de construción. Electricista industrial. Electricista de mantemento. Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos. Instalador/ora mantedor/ora de antenas. Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas. Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía. Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica.
 

Que título se obtén?

Técnico en instalacións eléctricas e automáticas.
€

A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.

 

Currículo oficial

http://ww.edu.xunta.es/fp/ciclo/MELE01

Horarios

    Actividades

    DÍA DA CIENCIA NA RÚA

    Gracias a tódolos alumnos que coa vosa participación fixéchedes posible esta xornada.  

    Charla da asociación de instaladores electricistas ASINEC

    Sala 116
    Hoxe tivo lugar una charla da asociación de electricistas da Coruña