FPB artes gráficas

 
 
 
– Denominación: Artes Gráficas.
– Nivel: formación profesional básica.
– Duración: 2.000 horas.
– Familia profesional: Artes Gráficas.
– Referente europeo: CINE-3.5.3 (Clasificación Internacional Normalizada da
Educación).
– Sistema Educativo: LOE
 
 
 

 

Que se aprende a facer?

Realizar traballos de reprografía e operacións básicas de apoio á produción, a manipulación e a finalización de produtos gráficos, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais e de seguridade e hixiene no traballo vixentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

€

En que ámbitos se traballa?

Actividades por conta allea en departamentos de impresión, encadernación, manipulacións e transformacións en pequenas, medianas ou grandes industrias gráficas con niveis organizativos e tecnolóxicos moi diversos. Ademais, poden exercer a súa actividade por conta propia en pequenas empresas de reprografía, ou por conta allea en empresas de artes gráficas, de multiservizos gráficos e de comunicación gráfica e visual, así como en departamentos específicos de reprografía de calquera tipo de organización. Intégrase xeralmente nun equipo de traballo, onde desempeña as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa dunha persoa responsable.
€

Que ocupacións desempeñan?

Operario/a de reprografía; operario/a de acabamentos de reprografía; auxiliar técnico/a de máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de taller en industrias gráficas; axudante de máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de máquinas e equipamentos de produción gráfica; operario/a de manipulacións de papel, cartón e outros materiais; operario/a de oficios auxiliares de papel, cartón e outros materiais; manipulador/ora de produtos de xigantografía; peón da industria gráfica.
 

Que título se obtén?

Título profesional básico en Artes Gráficas.
€

A que outros estudos se pode acceder?

Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:
  • Administración e xestión
  • Artes gráficas
  • Comercio e márketing
  • Téxtil, confección e pel
  • Vidro e cerámica

 

Currículo oficial

http://www.edu.xunta.es/fp/familias-profesionais?familia=ARG&grao=B

Horarios

    Actividades

    VISITA TÉCNICA CULTURAL 2.010

    DIA 18 DE FEBRERO DE 2010:VISITA CULTURAL 1.- SAN PAIO DE NARLA Salimos del IES CALVO SOTELO,  a las 9:30 min. Visitaremos en Friol, Lugo, el museo de San Paio de Narla, donde disfrutaremos de un buen ejemplo de una [...]