Calendario Certame

CALENDARIO PÚBLICO - ESPECTADORES

Os/as espectadores/as e público interesado en asistir a algunha ou algunhas das representacións teatrais poden consultar de seguido pulsando a ligazón o calendario oficial do XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña. No mesmo detállanse as datas e horas das representacións. A entrada para todas as obras é gratuíta.

 

CALENDARIO COMPAÑÍAS E CENTROS EDUCATIVOS

Rematado o periodo de inscrición, xa podedes consultar as datas, escaletas e horarios asignados do XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

 

A reunión de coordinación cos/coas representantes das compañías ou centros educativos celebrarase o martes 26 de marzo de 2019 ás 19:30 h no IES Calvo Sotelo.

A Gala de entrega de premios celebrarase no Teatro Colón o venres 28 de xuño de 2019 á tarde - noite (horario pendente de confirmación).