Bases e inscricións

Se estades interesados/as en participar ca vosa compañía / centro educativo no XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, de seguido atoparedes toda a información e documentación para poder informarvos e tramitar a vosa inscrición.

Recomendamos que consultedes as seguintes bases para coñecer os requisitos de participación neste certame teatral e condicións do mesmo, así como o rider técnico e plano de escenario, antes de acceder ó formulario online de inscrición. Ademais do trámite anterior, tamén é obrigatorio que as compañías/centro educativos inscritos no certame, envíen ó seguinte enderezo electrónico (residencia.calvosotelo@dacoruna.gal), cunha antelación mínima dunha semana á data de representación, o documento oficial de autorizacións de imaxe escaneadas de todos/as os/as participantes (actores, actrices e equipo técnico). Poderedes acceder a todos os documentos mencionados premendo nos enlaces amosados de seguido.

Para a resolución de calquera dúbida poñemos a vosa disposición os seguintes teléfonos: 981 252 600 e 650 783 527; e no enderezo electrónico: residencia.calvosotelo@dacoruna.gal

O horario de atención telefónica será os días lectivos no IES Calvo Sotelo de: Luns a xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h. Venres de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 17:00h.