Aplicación mensaxería educativa "Tokapp School"

Co obxecto de comunicarse entre o centro educativo, profesores, nais, pais, alumnas e alumnos de forma rápida e sinxela, o IES Calvo Sotelo está a utilizar unha aplicación para o móbil denominada Tokapp School. Deste xeito o alumnado e nais e pais poderán ter información inmediata sobre: faltas de asistencia, reunións, notas do alumnado, datas das entrevistas coas titoras e titores, etc.

Trátase dunha aplicación para móbiles con Android, IOS e Windows Phone. Atópase dispoñible en Google Play e Mac App Store.

O alumnado e ou nais/pais poderán descargala par darse de alta.  A partir dese momento poderemos poñernos en contacto con vostedes a través da aplicación.

Nesta páxina teñen información sobre como realizar a alta:

No caso de non ter teléfono móbil con conexión de datos, utilizaremos o correo electrónico para comuniarnos con vostedes.

 

 

 

 

comunicación entre centros educativos, profesores, alumnos y padres