Matrícula

As persoas interesadas en cursar un dos ciclos formativos de grao medio, superior ou FP Básica da oferta educativa do IES Calvo Sotelo poderán participar  no proceso de matriculación, logo de que a Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lles  adxudicara unha das prazas deste centro de ensino que previamente solicitaran no proceso de admisión do alumnado, salvo que se trate de alumnas/os deste centro que, ou ben accedan ao 2º curso ou ben teñan que repetir 2º ou ben teñan pendente a realización da FCT, as/os cales  deberán matricularse directamente no IES Calvo Sotelo dentro dos prazos de formalización que marque a Consellería de Educación. Asimesmo, cabe a posibilidade de matricularse directamente nos centros que dispoñan  dalgunha praza liberada, atendendo ao establecido  pola Consellería de Educación.

O alumnado do IES Calvo Sotelo poderá perder a súa condición de alumna/o do ciclo formativo no que está matriculada/o por  anulación voluntaria ou de oficio, por baixa voluntaria ou de oficio, por renuncia ou por  traslado de matrícula, debendo ser tramitadas estas na Secretaría do Centro.