Títulos

Que títulación  obtén o alumnado do IES Calvo Sotelo?

 

O alumnado que aproba un dos ciclos de formación profesional básica (artes Gráficas, Fabricación e Montaxe e Carpintería e Moble) que imparte o IES Calvo Sotelo  obten un título profesional básico .

 

 

O alumnado  que supera un dos ciclos de grao medio  que se imparten no IES Calvo Sotelo  (Preimpresión dixital,  Impresión Gráfica, Instalacións eléctricas e automáticas, Instalación e Amoblamento, Mecanizado, Soldadura e Caldeiraría) obtén o título de técnico ou de técnica e o que supera o Ciclo de Grao Superior Mecatrónica Industrial obtén o título de técnico ou técnica superior.

 

Asimesmo, as alumnas e alumnos que obteñan un título de FP Básica poderán obter o título de graduado en educación secundaria obrigotoria (ESO) sempre que, na avaliación final do ciclo formativo, o equipo docente considere que teñan alcanzados os obxectivos da ESO e adquiridas as competencias correspondentes.