Presentación

O IES Calvo Sotelo é un Instituto público de formación profesional, cuxo titular é a Deputación Provincial da Coruña, no que actualmente se poden cursar Ciclos Formativos de Grao Medio, Grao Superior e Formación Profesional Básica.

O noso Centro ten como misión a de educar e formar alumnos como profesionais para lograr a súa integración na sociedade e ser centro de referencia para a comarca no uso e aplicación das novas tecnoloxías.
 
Actualmente a nosa oferta educativa confórmana seis Ciclos Formativos de grao medio un de grao superior e tres de Formación Profesional Básica.